Paderne de Allariz acolle este domingo un curso de Defensa Persoal para mulleres

OurenseXa
Será impartido por Juan José Martínez de 10.30 a 19.30 horas no salón de actos do Concello
PADERNE DE ALLARIZ defensa personal
17 Jan 2026

O Concello de Paderne de Allariz porá en marcha o 18 de xaneiro un curso de defensa persoal para mulleres, unha proposta formativa de carácter práctico que se desenvolverá no salón de actos do Concello en horario de 10.30 a 19.30 horas.

A actividade será impartida por Juan José Martínez, coach deportivo e motivacional, e está baseada no Método MAS, unha metodoloxía de defensa persoal feminina que combina técnicas corporais con estratexias de xestión mental para facer fronte a situacións de risco no día a día. O programa pretende non só achegar recursos de autoprotección, senón tamén axudar a identificar sinais de perigo e reforzar a prevención para anticiparse ante posibles ameazas.

⚙ Configurar cookies
0.083868026733398