Paderne de Allariz organiza un Contacontos de Nadal en inglés para nenos e nenas

OurenseXa
Será o vindeiro venres, 12 de decembro, na Biblioteca
contacontos-nadal-paderne
9 Dec 2025

O Concello de Paderne de Allariz organiza un Contacontos de Nadal en inglés para os nenos e nenas, que terá o venres 12 de decembro na Biblioteca, de 18:30 a 19:30 horas.

A actividade está dirixida a dous grupos por niveis de idade, un para nenos e nenas de 4 a 6 anos e outro dirixido aos de 7 a 10 anos, para adaptar o contido ao nivel de comprensión dos participantes.

A participación é gratuíta, polo que todas as familias interesadas poden apuntar aos seus fillos e fillas para gozar dunha tarde máxica chea de historias de nadal en inglés.

⚙ Configurar cookies
0.08276104927063