Paderne de Allariz organiza un obradoiro de robótica para nenos de 5 a 14 anos durante a Semana Santa

OurenseXa
A actividade desenvolverase o martes 31 de marzo e é necesario anotarse previamente.
obradoiro-robotica-paderne-de-allariz
22 Mar 2026

O Concello de Paderne de Allariz organiza un obradoiro de robótica a través de Smart Corner Educación, pensado para que a mocidade poida desfrutar dunha actividade educativa durante as vacacións de Semana Santa.

A proposta desenvolverase o martes 31 de marzo, en horario de 10.00 a 14.00 horas, e contará con dous grupos diferenciados por idades: un destinado a nenos e nenas de 5 a 9 anos e outro para mozos e mozas de 10 a 14 anos.

A actividade busca combinar aprendizaxe e diversión, ofrecendo aos participantes a oportunidade de familiarizarse coa robótica e desenvolver habilidades tecnolóxicas nun contorno lúdico e adaptado ás súas idades.

0.12243700027466