Paderne de Allariz organiza unha recepción oficial cos Reis Magos este martes
OurenseXa
Melchor, Gaspar e Baltasar estarán no Pavillón Polideportivo a partir das 17:00 horas

4 Jan 2026
O Concello de Paderne de Allariz organiza este martes, 6 de xaneiro, unha recepción oficial cos Reis Magos que terá lugar a partir das 17:00 horas no Pavillón Polideportivo.
O evento contará cun espectáculo circense, chocolate e música. Os nenos e nenas poderán pasar un rato cos seus maxestades de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar, nunha xornada pensada para toda a familia.