Padrenda celebrou o Nadal cunha gran festa no Polideportivo da Bandexa

O Concello de Padrenda celebrou o pasado 20 de decembro unha festa de Nadal no Polideportivo da Bandexa que resultou ser todo un éxito entre os asistentes.
A xornada contou cun programa variado de actividades para nenos, adolescentes e adultos, entre as que destacaron colchonetas inchables, postos de trenzas, actividades de globoflexia e unha discoteca móbil que animou a tarde coa música.
Tamén estiveron presentes personaxes populares entre os máis pequenos, como Papá Noel e Mickey e Minnie, que fixeron a celebración aínda máis especial.
A festa rematou cunha merenda para os asistentes, que puideron disfrutar de bica e chocolate, completando así unha tarde de xogos, música e diversión nun ambiente familiar e festivo organizado polo Concello de Padrenda.