Pancho Varona actuará no Teatro Principal de Ourense

OurenseXa
Pancho Varona pasará polo Teatro Principal de Ourense coa súa nova xira o vindeiro 16 de marzo.
Pancho_Varona_Teatro_Principal_Ourense
18 Xan 2024

Pancho Varona pasará polo Teatro Principal de Ourense coa súa nova xira o vindeiro 16 de marzo. O artista madrileño tamén fará parada un día antes en Santiago de Compostela, onde actuará no Riquela Club. As entradas de ambos espectáculos poden retirarse xa dende a páxina web de ataquilla.com.

“Varona compartirá as historias que deron vida a cancións inesquecibles, ofrecendo unha experiencia que vai máis aló da música. Un verdadeiro diálogo entre o artista e o seu público, por isto poderedes saber algo máis delas, como, cando ou onde naceron", explican os responsables nun comunicado.

Apuntan ademais que "non só soarán grandes éxitos", senón que Varona sacará tamén do baúl as Caras B, "dándolles a súa merecida homenaxe, nunha celebración da profundidade e diversidade da súa obra".

Francisco José López Varona (Madrid, 13 de xullo de 1957) coñecido artisticamente como Pancho Varona é un compositor e músico español. Aínda que pertenceu á extinta banda Viceversa, é especialmente coñecido por acompañar desde principios dos oitenta ata 2020 ao cantautor xienense Joaquín Sabina para quen, en compañía de Antonio García de Diego, colaborou en parte da composición musical de moitos dos seus temas máis populares, ademais de participar nas súas xiras. En 1995 editou o seu único disco en solitario ata o momento, Pancho Varona. Tamén compuxo a música de moitos temas para outros artistas, como Ana Belén, e produciu algúns discos, entre eles varios de Estopa, xunto a Antonio García de Diego. Así mesmo participou na banda sonora dalgunhas películas, como Sinatra (1988) ou Como ser muller e non morrer no intento (1991).

0.12168788909912