Pancho Varona e Café Quijano actuarán esta fin de semana en Ourense
Café Quijano trae a Ourense a súa xira “Manhattan Tour 2024”. O concerto terá lugar este venres 15 de marzo ás 20:30 horas no Auditorio Municipal.
Pola súa banda, Pancho Varona pasará polo Teatro Principal de Ourense coa súa nova xira o sábado 16 de marzo. O artista madrileño tamén fará parada un día antes en Santiago de Compostela, onde actuará no Riquela Club.
“Varona compartirá as historias que deron vida a cancións inesquecibles, ofrecendo unha experiencia que vai máis aló da música. Un verdadeiro diálogo entre o artista e o seu público, por isto poderedes saber algo máis delas, como, cando ou onde naceron", explican os responsables nun comunicado.
Apuntan ademais que "non só soarán grandes éxitos", senón que Varona sacará tamén do baúl as Caras B, "dándolles a súa merecida homenaxe, nunha celebración da profundidade e diversidade da súa obra".