Parada de Amoeiro celebrará o Entroido con desfiles, orquestras e verbenas

As celebracións comezarán o domingo 15 de febreiro ás 9:00 con un desfile polos pobos do concello de Amoeiro, acompañado pola Charanga Tattoo. Pola tarde, haberá festa e verbena coa orquestra Explosión.
O luns 16, ás 9:00, realizará outro desfile polos pobos de Amoeiro, Cea e Maside, coa Batukada Vilatuke e, posteriormente, haberá unha verbena a cargo das orquestras París de Noia e Marcos Kintana.
O martes 17, ás 11:00, o desfile percorrerá os pobos de Parada con Mariachi Mi Tierra. Ás 15:00 celebrarase unha comida popular con empanada, carne ao caldeiro, patacas, chourizo, pan e café, a un prezo de 13 euros e, ao rematar, haberá festa coa orquestra Miramar.
O mércores 18, ás 20:00, terá lugar o tradicional Enterro da Sardiña e Queima do Meco, que porán fin ao Entroido.