Pazos de San Clodio celebra as festas na honra a San Blas os días 7 e 8 de febreiro de 2026

A programación inclúe música coa Banda Municipal de San Cibrao das Viñas, a disco móbil 'Verbena', a charanga 'El Brexit' e a orquestra 'Triunfo', cunha carpa climatizada no campo
SAN CIBRAO festas san clodio
11 Jan 2026

Pazos de San Clodio xa ten cartel para as festas na honra a San Blas, que se celebrarán a fin de semana do 7 e 8 de febreiro de 2026 cun programa centrado na música e nos actos tradicionais.

O sábado 7, a festa arrancará ás 18.00 h cunha tarde amenizada pola Banda Municipal de San Cibrao das Viñas. A partir das 19.30 h será a quenda da disco móbil 'Verbena', que volverá actuar tamén desde as 23.00 h para alongar a noite festiva.

O domingo 8 chegará a parte máis relixiosa e familiar coa misa solemne en honra a San Blas ás 13.00 h, amenizada pola charanga 'El Brexit', que tamén protagonizará a sesión vermú. Xa pola tarde, desde as 18.00 h, a festa continuará coa actuación da orquestra 'Triunfo'.

Como detalle pensado para o confort do público, a organización anuncia que o campo estará cuberto cunha carpa climatizada durante as celebracións.

⚙ Configurar cookies
0.080045938491821