Pereiro de Aguiar abre o prazo para inscribirse no concurso de comparsas e disfraces do Entroido 2026

OurenseXa
Estarán abertas ata o 10 de febreiro
Entroido-pereiro-de-aguiar
21 Jan 2026

A Área de Cultura do Concello de Pereiro de Aguiar convocou o concurso de comparsas e disfraces con motivo do Entroido de 2026. Poderán participar todas as persoas ou grupos que formalicen a súa inscrición dentro do prazo establecido.

As inscricións para o desfile, que terá lugar o sábado 14 de febreiro ás 17.30 horas, con saída desde a estrada cara ao encoro de Cachamuiña, estarán abertas ata o 10 de febreiro e poderán realizarse a través dun formulario dispoñible na páxina web oficial do Concello.

O concurso contempla varias categorías: comparsas de máis de 20 participantes, comparsas de entre 3 e 20 participantes, individuais ou parellas, e categoría infantil.

No que respecta aos premios, as persoas gañadoras recibirán diferentes contías en función da categoría e da posición acadada, desde 500 euros para a comparsa gañadora de máis de 20 persoas ata vales de xoguetes para a categoría infantil. Ademais, concederanse axudas económicas a todas as persoas participantes que non resulten premiadas.

⚙ Configurar cookies
0.08247709274292