Pereiro de Aguiar acolle o espectáculo ‘O Camiño do Afiador’ do Mago Teto

OurenseXa
Será este venres no Auditorio dos Gozos
o-camiño-do-afiador
18 Nov 2025

O Auditorio dos Gozos será o escenario, o vindeiro 21 de novembro de 2025 ás 19:00 horas, do espectáculo “O Camiño do Afiador”, interpretado polo Mago Teto.

A actividade, enmarcada no programa Cultura Activa, combina maxia, tradición e humor para recuperar a figura dos antigos afiadores galegos.

Trátase dunha proposta dirixida a público familiar, coa que o Concello do Pereiro de Aguiar busca achegar as artes escénicas á veciñanza e ofrecer unha tarde de entretemento e divulgación cultural.

⚙ Configurar cookies
0.074254035949707