Pereiro de Aguiar acolle este venres a función ‘Contamos contos de lobos?’ da compañía Ghazafelhos
OurenseXa
Trátase dun espectáculo dirixido ao público familiar que combina narración oral e improvisación

30 Jul 2025
O próximo venres, 1 de agosto, ás 20:00 horas, a Praza do Concello de Pereiro de Aguiar será o escenario da representación Contamos contos de lobos?, a cargo da compañía de teatro Ghazafelhos.
Trátase dun espectáculo dirixido ao público familiar que combina narración oral e improvisación. A actividade está organizada polo Concello de Pereiro de Aguiar dentro do programa Ler Conta Moito da Xunta.