Pereiro de Aguiar acolle este venres un espectáculo de maxia e música en directo

O Concello de Pereiro de Aguiar acollerá este venres, 22 de agosto, un espectáculo que combinará música e narración da man do artista Galerna Crúa, que presentará ‘Cantos e contos da foresta’ ás 20:00 horas na Praza do Concello.
Trátase dunha proposta pensada para desfrutar da maxia da palabra e da música en directo, ideal para todas as idades, que se enmarca dentro do programa Ler Conta Moito.