Pereiro de Aguiar acollerá este venres un espectáculo de clown

OurenseXa
Clown, malabares e equilibrios encherán a Praza do Concello da man de MOC MOC MeRe Clown
espectaculo-clown-pereiroo
16 Jul 2025

Este venres, 18 de xullo, a Praza do Concello de Pereiro de Aguiar será o escenario do espectáculo ‘MERE-CIDAMENTE’, a cargo de MOC MOC MeRe Clown.

Trátase dunha proposta de clown, malabares, equilibrios e moita diversión para público de todas as idades, que comezará ás 20:00 horas, con entrada libre e aberta a todas as persoas que queiran gozar dunha tarde diferente.
A actividade enmárcase dentro do programa de dinamización da lectura ‘Ler Conta Moito’.

⚙ Configurar cookies
0.16312503814697