Pereiro de Aguiar celebra o IV Concurso de Marcapáxinas
O Concello do Pereiro de Aguiar, a través da Área de Cultura e da Biblioteca Municipal convoca o " IV Concurso de Marcapáxinas, para conmemorar o Día do Libro, que se celebra o próximo 23 de abril.
Os nenos e nas de entre 3 e 15 anos poderán presentar os seus traballos, para o que se establecen tres categorías:
- De3 a 6anos.
- De 7 a 10 anos.
- De 11 a 15 anos.
Poderanse presentar un máximo de 2 marcapáxinas por participante.
Os traballos presentaranse de xeito presencial na Biblioteca de Pereiro de Aguiar, de luns a venres de 9.45 horas a 13.30 horas, ou en horario de tarde de 16.00 horas a 19.45 horas. Xunto co marcapáxinas, entregaranse nun sobre pechado os datos identificativos, nome e apelidos, idade e número de teléfono. Por fora levará o pseudónimo que se corresponderá co que aparece no marcapáxinas.
Á hora de valorar, os membros do xurado terán en conta a orixinalidade, a imaxinación, a estética do marcapáxinas, a técnica e a variedade de materiais empregados así como o resultado final.
O xurado será elixido pola organización, e o fallo emitirase o día 19 de abril. Os gañadores do concurso comunicaranse mediante vía telefónica aos interesados e a través da web e das redes oficiais do Concello.
O xurado escollerá 18 marcapáxinas gañadores en total, 6 por categoría. Os traballos seleccionados serán impresos e repartidos nos colexios e tamén estarán dispoñibles para todos os usuarios da Biblioteca Pública do Pereiro de Aguiar.