Pereiro de Aguiar encherase de música esta noite da man de Óscar Ibañez & Tribo

OurenseXa
O músico actuará xunto á Coral Terras de Aguiar
concerto-oscar-ibañez-pereiro
20 Sep 2025

Este sábado, 20 de setembro, a partir das 21:00 horas, a Praza do Concello de Pereiro de Aguiar acollerá un concerto de Óscar Ibañez & Tribo xunto á Coral Terras de Aguiar. A entrada será gratuíta para todas as persoas asistentes.

O espectáculo, que promete unha noite de música e boa enerxía, conta coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco de Concertos do Xacobeo, e co apoio do Concello de Pereiro de Aguiar.

⚙ Configurar cookies
0.10189604759216