Pereiro de Aguiar impartirá impartirá clases gratuítas de apoio para as persoas interesadas en presentarse ás probas libres de ESO

OurenseXa
O prazo de solicitudes para a primeira convocarotia abre este luns
ESTUDIO
25 Jan 2026

O Ministerio de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional vén de convocar as probas para a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria dirixidas a persoas maiores de dezaoito anos. As probas celebraranse na EPAPU de Ourense e contarán con dúas convocatorias ao longo do ano.

A primeira delas terá como prazo de presentación de solicitudes do 26 de xaneiro ao 6 de febreiro, mentres que o exame se realizará o 27 de marzo. A segunda convocatoria abrirá o período de inscrición do 7 ao 17 de abril e a proba desenvolverase o 5 de xuño.

Co obxectivo de facilitar a preparación destes exames, o Concello do Pereiro de Aguiar impartirá clases gratuítas de apoio para as persoas interesadas en presentarse ás probas libres de ESO. As persoas que desexen ampliar información poden contactar co Servizo de Educación no teléfono 622 202 697, en horario de 9:00 a 14:30 horas.

⚙ Configurar cookies
0.081784963607788