Pereiro de Aguiar iniciou esta semana tres obradoiros creativos para maiores de 55 anos

Esta semana comezaron no Centro de Maiores Os Gozos tres novas actividades dirixidas a persoas maiores de 55 anos, co obxectivo de fomentar a creatividade e a participación comunitaria.
O primeiro deles, o Obradoiro de Técnica Mixta, iniciou o 12 de xaneiro e ofrece diferentes quendas de luns a xoves en horario de tarde, cun total de catro franxas horarias distribuídas entre as 16:00 e as 19:30 horas. Pola súa banda, o Obradoiro de Collage con Papel comezou o 14 de xaneiro e desenvólvese os mércores en dous quendas: de 16:00 a 17:30 e de 18:00 a 19:30 horas. Finalmente, o Obradoiro de Patchwork e Bordado iniciou a súa actividade o 15 de xaneiro, cunha sesión semanal os xoves de 18:00 a 19:30 horas.
Desde o Concello lembran que as prazas son limitadas, polo que recomendan reservar canto antes para asegurar a participación. Para máis información e inscricións, pódese chamar ao teléfono 678 190 483.