Pereiro de Aguiar mellorará o alumeado público na OU-536 e na OU-537

OurenseXa
A actuación suporá un investimento de case 260.000 euros e permitirá o uso de tecnoloxía máis eficiente, coa instalación dun total de 85 luminarias led
renovacion-luminarias-pereiro
16 Apr 2025

O Consello da Xunta autorizou esta semana a sinatura do convenio de colaboración entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, e o Concello do Pereiro de Aguiar, para a modernización do alumeado público das sendas peonís que discorren paralelas ás estradas OU-536 e OU-537, dúas vías estratéxicas na conexión deste municipio ourensán.

A través deste convenio, que suporá un investimento conxunto total que rolda os 260.000 euros, trátase de mellorar a actual iluminación, e evitar zonas en penumbra, contribuíndo a unha maior seguridade viaria e peonil.

Con este acordo, o Goberno galego ten como obxectivo seguir fomentando a mobilidade sustentable e compatible coa circulación de peóns en condicións de seguridade e comodidade, en treitos de itinerarios sendas peonís executadas pola Xunta nestas vías autonómicas ao seu paso polo municipio.

A actuación proposta pretende mellorar a eficiencia enerxética no alumeado público das sendas peonís existentes nestas dúas estradas, coa substitución de luminarias por outras máis eficientes, con tecnoloxía led e nivel de iluminación regulable e menor potencia, mantendo os niveis de iluminación esixibles para este tipo de infraestruturas.

No marco deste convenio, a Xunta achegará o 70 % do financiamento da intervención, máis de 180.000 euros; e o Concello do Pereiro de Aguiar asumirá o 30 % restante, destinando algo máis de 77.000 euros.

Ademais, o Concello asume a redacción do proxecto, a execución das obras e a instalación realizada, sendo o responsable do seu subministro eléctrico e da súa conservación. Tamén asume o mantemento das franxas verdes que separan a senda peonil da calzada nas estradas, OU-536 e OU-537, no percorrido destas estradas polo municipio.

Concello de Pereiro de Aguiar; así como dos aneis interiores das glorietas situadas nos puntos quilométricos 6+000 e 7+150 da OU-536 e 2+200 da OU-537.

Na actualidade o alumeado público nas estrada OU-536 e OU-537 o seu paso por Pereiro de Aguiar, está conformado por luminarias, equipadas con lámparas de vapor de sodio de alta presión, dotados de equipos ferromagnéticos dun único nivel de consumo, de escasa potencia que xeran zonas de iluminación moi deficiente.

Para iso, na estrada OU-536 prevese a instalación de 25 novas luminarias led sobre columnas de aceiro galvanizado con equipo electrónico aloxado no seu interior para o seu control. Os centros de mando do alumeado público existentes encóntranse en bo estado de conservación e conta con todas as proteccións necesarias para as novas instalacións.

No caso da intervención na OU-537, propoñse a instalación de 60 luminarias led sobre columnas de aceiro galvanizado.

⚙ Configurar cookies
0.16737794876099