Pereiro de Aguiar ofrece tres obradoiros creativos para maiores de 55 anos no Centro dos Gozos

OurenseXa
Os talleres arrancarán este mes de setembro e precisan de inscrición previa
obradoiro-abalorios-os-gozos
7 Sep 2025

O Concello de Pereiro de Aguiar pon en marcha este mes de setembro tres actividades dirixidas a persoas maiores de 55 anos, que se desenvolverán no Centro de Maiores Os Gozos.

A programación inclúe un obradoiro de ‘Patchwork e Bordado’, que comezará o 18 de setembro e terá lugar os xoves de 18:00 a 19:30 horas; un taller de ‘Decorado de Latas’, que arranca o 8 de setembro e desenvolverase de luns a mércores en horario de tarde e os xoves de 16:00 a 17:30 horas; e un obradoiro de ‘Modelado con Escaiola’, tamén a partir do 18 de setembro, os mércores de 18:00 a 19:30 horas.

As prazas son limitadas, polo que se recomenda inscribirse con antelación. As persoas interesadas poden solicitar máis información e reservar a súa praza no teléfono 678 190 483.

⚙ Configurar cookies
0.16319108009338