Pereiro de Aguiar organiza este xoves un Obradoiro de Compadres

OurenseXa
Será na Biblioteca e está dirixido a nenos e nenas de entre 5 e 10 anos
comadres
3 Feb 2026

O Concello de Pereiro de Aguiar comeza este xoves os preparativos do Entroido de 2026, que este ano contará con talleres para nenos e nenas e un gran desfile de disfraces, aberto a todos os públicos, que se celebrará o sábado 14 de febreiro e para o cal xa están abertas as inscricións.

A primeira das actividades será este 5 de febreiro ás 17:00 horas na Biblioteca Municipal, cun obradoiro de Compadres dirixido a nenos e nenas de entre 5 e 10 anos. As inscricións poden realizarse por WhatsApp no 685 528 538, por teléfono no 988 259 839, ou por correo electrónico, a través da dirección cultura@pereiro.gal.

Ademais, dende o Concello fan un chamamento a toda a veciñanza a enviar as fotos dos seus mecos de Entroido, que serán publicadas nas redes sociais.

⚙ Configurar cookies
0.098870992660522