Pereiro de Aguiar prepárase para gozar dunha noite protagonizada polos grandes clásicos do pop-rock internacional

Este venres 29 de agosto, ás 21:00 horas, a Praza do Concello de Pereiro de Aguiar acollerá o directo de Etiqueta Negra Old Music, un espectáculo que recorrerá os grandes clásicos da música que marcaron varias xeracións.
O repertorio incluirá temas de artistas e grupos como Rolling Stone, Miguel Ríos, Eric Clapton, Los Secretos, Creedence, Dire Straits, Bingo Start, Cómplices, Beatles, Santana, John Lennon, Revólver, Bob Dylan, Elvis Presley, Aute, Bee Gees, Joaquín Sabina e U2, entre outros.
A actuación promete ser unha oportunidade para gozar dun percorrido musical nostálxico, aberto a todo o público.