Pereiro de Aguiar presenta a nova “Porta da Ribeira Sacra” cun mural de Mon Devane

O Concello de Pereiro de Aguiar presentou esta fin se semana a nova e simbólica “Porta da Ribeira Sacra”, unha intervención artística que busca poñer en valor o patrimonio e a identidade da comarca.
O alcalde, Luis Menor, destacou que o mural, realizado polo artista Mon Devane, reprsenta o “acceso principal á Ribeira Sacra, honrando o río, a vide heroica e a tradición galega da zona”. A obra, segundo explicou Menor, consolídase como un símbolo de benvida e orgullo local, e marca “un fito no proxecto municipal de posta en valor artístico e patrimonial de Pereiro de Aguiar”.
Coa inauguración desta peza, o Concello reforza o seu compromiso coa promoción cultural e coa identidade visual do territorio.