Pereiro de Aguiar suma un novo espazo libre de tabaco e vapeo nos arredores do Auditorio de Os Gozos

OurenseXa
Esta nova zona súmase ás áreas xa protexidas no CEIP Ben Cho Shey, no Pavillón municipal e na Ruta dos Muíño
espazo-libre-de-fume
14 Mar 2026

O Concello de Pereiro de Aguiar, en colaboración coa Asociación Española Contra o Cáncer de Ourense, deu esta semana un novo paso na promoción de hábitos saudables coa creación dun espazo libre de tabaco e vapeo nos arredores do Auditorio de Os Gozos.

Esta nova zona súmase ás áreas xa protexidas no CEIP Ben Cho Shey, no Pavillón municipal e na Ruta dos Muíños, reforzando así o compromiso do Concello coa saúde da veciñanza e a promoción de ambientes máis sans.

O alcalde destacou que a iniciativa busca concienciar sobre os riscos do consumo de tabaco e vapeo e ofrecer espazos seguros e saudables para todas as idades. Na presentación do proxecto estivo presente o presidente da Asociación Española Contra o Cáncer de Ourense, Germán Rodríguez-Saá, quen reafirmou a colaboración entre ambas institucións para seguir ampliando estes espazos no municipio.

0.1216721534729