Peroxaland chega o 4 de xaneiro con xogos e inchables para os máis pequenos

OurenseXa
A Peroxa organiza unha xornada chea de diversión e sorpresas que contará ademais coa visita dos Reis Magos
peroxaland
29 Dec 2025

O Concello da Peroxa organiza o vindeiro 4 de xaneiro unha xornada chea de diversión para os máis pequenos baixo o nome de Peroxaland, que se desenvolverá no pavillón municipal entre as 15:30 e as 20:00 horas.

Ao longo da tarde, os nenos e nenas poderán gozar de xogos, inchables, música, sorpresas e da visita dos Reis Magos, que chegarán ao pavillón arredor das 19:00 horas.

A entrada será gratuíta para os menores empadroados na Peroxa, que deberán recoller previamente a súa invitación nas oficinas municipais e presentala na billeteira o día do evento para poder participar nun sorteo de xoguetes. Para os nenos e nenas non empadroados, o prezo da entrada será de 4 euros e poderá adquirirse directamente na billeteira do pavillón.

⚙ Configurar cookies
0.093056917190552