'Plantámonos' pechou o seu segundo encontro anual celebrado en Allariz cun roteiro reivindicativo

OurenseXa
O movemento 'Plantámonos/ Nos Plantamos', xuntou máis de 200 persoas de 50 colectivos de todo el Estado durante esta fin de semana en Allariz, no seu segundo encontro estatal
Roteiro reivindicatico do movemento 'Plantámonos' en Allariz
Roteiro reivindicatico do movemento 'Plantámonos' en Allariz
21 Out 2024

Logo dunha fin de semana marcada pola formación, a segunda xuntanza do movemento estatal Nos Plantamos/Plantámonos, que celebrou en Allariz durante esta fin de semana, finalizou cunha xornada protagonizada por un roteiro reivindicativo pola comarca da Limia co obxectivo de dar a coñecer de primeira man os impactos da gandería industrial.

Ao longo do encontro leváronse a cabo diferentes dinámicas e formacións co fin de establecer estratexias para denunciar os impactos sociais e ambientais do modelo agroalimentario e poñer sobre a mesa os vindeiros pasos para avanzar en colectivo cara unha transición agroeocolóxica no marco da soberanía alimentaria como alternativa á agroindustrialización da produción de alimentos.

Así, realizáronse talleres en materia de comunicación e estratexias de mobilización, nos que as persoas participantes articuláronse en grupos de traballo sobre temas específicos, como as loitas territoriais na defensa dunha alimentación sa e saudábel para as persoas e o medioambiente ou as ameazas sistémicas que dificultan o avance dos modelos de produción agroecolóxicos.

O domingo, como parte final del encontro tivo lugar o roteiro “Outra Limia é Posible”. O grupo da Torre da Pena, guiado polas explicacións do galego Serafín González, científico do CSIC estatal e presidente da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), que leva anos denunciando a contaminación por nitratos na Limia, elevando mesmo esta denuncia a institucións europeas, que constataron a existencia de prácticas ilegais na comarca. De feito, xa no ano 2017 a propia Unión Europea notificou ao Estado español a apertura dun procedemento de infracción da Directiva sobre nitratos (Directiva 91/676/CE do Consello) argumentando que “España non controla as súas augas de maneira efectiva, comprometendo a súa capacidade para revisar as zonas vulnerábeis aos nitratos e avaliar a eficacia dos programas de acción, limitando así a eficacia da lexislación”.

A lagoa de Antela foi un espazo de grande valor ecolóxico, non só para a fauna, nomeadamente aves, senón que tamén con presenza humana e unha significativa actividade agrícola e gandeira, grazas precisamente á existencia desa zona húmida, explican.

A desecación da mesma foi unha “intervención destrutiva discorrida dende a lóxica agroindustrial, que non só non conseguiu reverter nin deter a perda de poboación na comarca, senón que ademais causou graves danos ambientais e deu lugar a un tipo de agricultura insustentábel en canto ao emprego de auga e fertilizantes”.

Tamén afectou ao coidado do solo, denuncian, xa que desecar a lagoa deu lugar a unha grande superficie de terra areosa e pobre en materia orgánica, para practicar unha agricultura allea ao tradicional equilibrio co gando e o monte dos que se obtiña o esterco para os cultivos.

Ademais, logo desta desecación instaláronse unha grande cantidade de granxas intensivas, principalmente avícolas e de porcino, que supuxeron un novo golpe á auga en forma de sobreconsumo e contaminación debida á inxente cantidade de residuos xerados por esta actividade.

Explican que “mentres esta destrución medraba e se apoderaba do territorio, pequenas producións labregas diversificadas e iniciativas agroecolóxicas e de protección ambiental resistiron coidando da terra e achegando ás mesas alimentos sans, nutritivos, sustentables e de calidade”.

O roteiro reivindicativo finalizou en Ponte Liñares, onde se fixo fincapé no grao de contaminación da auga deste río. Alí o gandeiro do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) Samuel Formoso, achegou a perspectiva labrega sobre a problemática da Limia en particular, e do modelo agroindustrial en xeral, así como a alternativa que ofrece a agroecoloxía, e procedeuse á lectura das conclusións do encontro. O obxectivo desta visista foi, por unha parte, dar viisibilidade aos impactos da agroindustria a través do exemplo da comarca da Limia e, por outra, pór en valor que tamén hai producións labregas e agroecolóxicas que funcionan noutra lóxica.

Coincidindo co Encontro pola soberanía alimentaria de ‘Plantámonos/Nos Plantamos’ en Allariz, activistas de diferentes colectivos achegáronse ás instalacións de Coren en Ourense para esixir unha transición agroecolóxica e denunciar o impacto da industria agrogandeira. As activistas despregaron pancartas nas inmediacións e devolveron á empresa 300 litros de puríns.

0.20000195503235