Presentado en Taboadela o xeodestino Allariz – Maceda – Alto Arnoia baixo o lema “Destino das Artes”

OurenseXa
O territorio está conformado polos municipios de Allariz, Vilar de Santos, Xunqueira de Ambía, Vilar de Barrio, Baños de Molgas, Paderne de Allariz, San Cibrao das Viñas, Taboadela e Maceda
presentacion-xeodestino-allariz-maceda
Presentación do Xeodestino Allariz-Maceda
5 Oct 2025

O xeodestino Allariz – Maceda – Alto Arnoia foi presentado este sábado baixo o lema “Destino das Artes”, nun acto celebrado na Reitoría de Taboadela, recentemente restaurada. Este territorio está formado polos municipios de Allariz, Vilar de Santos, Xunqueira de Ambía, Vilar de Barrio, Baños de Molgas, Paderne de Allariz, San Cibrao das Viñas, Taboadela e Maceda.

Na presentación participaron o alcalde de Taboadela, Álvaro Vila; o presidente do GDR A Limia – Arnoia e alcalde de Sarreaus, Gumersindo Lamas; e o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor. Este último felicitou ao Grupo de Desenvolvemento Rural polo labor realizado e subliñou a importancia da colaboración institucional para poñer en valor o patrimonio da provincia.

“É un orgullo ter contribuído a dotar un concello como Taboadela dun espazo tan especial e versátil, que sen dúbida será de grande utilidade para todo o xeodestino”, destacou o presidente da Deputación. Ademais, remarcou a relevancia da Vía da Prata – Camiño Mozárabe “na vertebración de toda a provincia e deste xeodestino en particular, que enxalza a arte en todas as súas facetas”.

⚙ Configurar cookies
0.075536966323853