Preto de 100 persoas participarán na II BTT da Peroxa

OurenseXa
A proba terá lugar este domingo e contará con dous percorridos
i-ruta-btt-a-peroxa
Imaxe da I BTT da Peroxa
13 Sep 2025

Este domingo 14 de setembro, A Peroxa acollerá a segunda edición da súa Ruta BTT, unha proba que combina deporte e natureza e que se repite tras o éxito acadado o pasado ano.

Nesta edición, hai preto de 100 persoas inscritas, que comezarán o seu percorrido na Praza do Concello ás 09:30 horas. A proba terá carácter circular e contará cun percorrido de 30 km con 800 metros de desnivel acumulado e outro de 40 km con 1.200 metros.

⚙ Configurar cookies
0.17855501174927