Preto de 550 persoas déronse cita en Nogueira de Ramuín para celebrar o San Martiño

Un ano máis, o municipio de Nogueira de Ramuín celebrou o seu tradicional San Martiño, que reuniu unhas 550 persoas o pasado martes 11 de novembro, entre veciñas e veciños, así como familiares e amigos de localidades próximas.
Os asistentes desfrutaron dun magosto popular nunha xornada de convivencia na que degustaron un completo menú preparado polo catering “Manolo”. Segundo apuntan desde o Concello, os alimentos contaron con ingredientes de proximidade, procedentes de produtores locais.
A música en vivo, a cargo da charanga Nova Trives, animou a tarde, facendo que moitos se sumasen ao baile e puxesen o broche final a esta edición do Magosto. Desde a organización avanzan que a cita terá continuidade o ano que vén tras o gran éxito desta edición.