Preto de 70 escolares do CEIP de Allariz participaron nunha actividade sobre compostaxe doméstica

OurenseXa
Nenos e nenas de 4º de Primaria aprenderon sobre a importancia desta práctica a prol da sustentabilidade e o coidado do medio ambiente
compostaxe-nenos
15 Nov 2025

O Servizo RE do Concello de Allariz desenvolveu esta semana unha actividade educativa no CEIP de Allariz, enfocada ao alumnado de 4º de Primaria, coa finalidade de fomentar a compostaxe e o coñecemento do ciclo natural da vida.

Durante a sesión, preto de 70 escolares recibiron explicacións sobre o lixo orgánico, o papel dos microorganismos e das miñocas no proceso de transformación do residuo en compost, e a importancia da compostaxe como unha práctica sostible para o coidado do medio ambiente.

A actividade incluiu unha parte práctica na que cada participante plantou unha semente de carballo nunha maceta biodegradable utilizando compost elaborado no propio Concello. Desta forma, os alumnos puideron experimentar o ciclo da natureza e comprender como os residuos orgánicos poden converterse en nova vida.

⚙ Configurar cookies
0.088279962539673