Preto de 800 nenos participan este verán no Campamento Urbano de Ourense

OurenseXa
O campamento, organizado pola Asociación Xuvenil Amencer en colaboración co Concello, bateu este no o seu récord de inscricións
campamnto-urbano-amencer
Campamento Urbano Cidade de Ourense
8 Aug 2025

Preto de 800 nenos participan este verán no Campamento Urbano de Ourense, organizado pola Asociación Xuvenil Amencer en colaboración co Concello. Esta edición, a número 38, está a ser a que máis inscritos ten ata o momento.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e a concelleira de Xuventude, Tamara Sil-va, recibíronos esta mañá nas escaleiras de Santa María Nai. O campamento ofrece activi-dades gratuítas para rapaces e rapazas entre 8 e 16 anos, desde o 1 ata o 13 de agosto, baixo o lema “Unha historia con futuro”.

Nesta edición participan case 800 nenos e nenas, aos que se suman outros 93 no Campa-mento Urbano Xuvenil, así como un total de 99 voluntarios que fan posible o desenvol-vemento das actividades.

Ata agora, os participantes gozaron de xornadas dedicadas á benvida, cultura urbana, a provincia e diferentes xuntanzas. Hoxe visitan o centro histórico da cidade e realizan xo-gos por diversas zonas do casco urbano. A próxima semana continuarán coas actividades, entre as que destacan o Día dos Parques, o Día da Auga e o Día da Despedida.

⚙ Configurar cookies
0.097018003463745