Preto dun cento de mozos de Barbadás participaron nas actividades de conciliación da Semana Santa

OurenseXa
O Campus Multideporte, o Campus UD Barbadás e o Barbadás Gamig acadaron un ano máis un gran éxito de participación entre a rapazada do municipio
campus-multideporte-barbadas
2 Apr 2026

O Concello de Barbadás celebra o éxito das propostas de conciliación organizadas durante a Semana Santa, nas que participaron preto dun cento de nenos e nenas de entre 3 e 15 anos.

Entre as actividades desenvolvidas destacan o Campus Multideporte e o Campus UD Barbadás, que tiveron lugar nas instalacións do Polideportivo Municipal e no campo de fútbol Os Carrís e que finalizaron este mércores.

Trátase de “dúas actividades que funcionan moi ben e teñen moi boa acollida”, salientou o alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, poñendo en valor a resposta das familias e dos máis pequenos a estas propostas deportivas.

O Campus UD Barbadás contou ademais coa participación de referentes do deporte ourensán, como o adestrador Fran Justo e a árbitra de Primeira División Feminina Zulema González, que achegaron a súa experiencia aos participantes.

Por outra banda, a programación de conciliación complétase co V Barbadás Gaming, que se celebra na Casa da Mocidade e dirixido á rapazada maior de 12 anos. A actividade ofrece acceso a videoxogos e simuladores e combina o lecer coa socialización entre iguais.

0.12228083610535