Producións Teatrais Excéntricas leva a Barbadás a súa función ‘O auto do Castromil’

Producións Teatrais Excéntricas chega este venres 11 de abril en Barbadás coa función ‘O auto do Castromil’, obra gañadora do III Concurso de Proxectos convocado pola Fundación Manuel María.
A obra está protagonizada por Rocío González, Víctor Mosqueira, Marcos Orsi e Patricia Vázquez, e presenta unha viaxe onírica abordo dun coche de liña. Nese percorrido preséntase unha curiosa historia do pobo galego, que loita, é derrotado, e volve levantar a cabeza para rebelarse.
A representación terá lugar ás 20.30 horas na Casa da Cultura Manuel María e as invitación poden recollerse dende este luns. A obra está recomendada para público de a partir de 13 anos.