Profesorado de España e Italia vista o CGIFP Eduardo Barreiros para coñecer os proxectos punteiros que desenvolve o centro

OurenseXa
Desde a súa apertura, este centro de innovación recibiu máis de 2.000 visitas de profesionais, estudantes e representantes de empresas e institución, confirmando o seu papel clave como referencia no ámbito da Formación Profesional
profesorado-españa-italia-visita-cifp-eduardo-barriros
26 Nov 2025

Un grupo de docentes de Formación Profesional de Barcelona, Alicante e Milán, acmpañados pola directora xeral de FP, Eugenia Pérez, achegáronse este mércores ao Centro Galego da Innovación da FP Eduardo Barreiros para descubrir os proxectos máis innovadores que se desenvolven nestas instalacións.

A visita forma parte dun programa observación laboral entre centros de FP de Hostalería e Turismo e Industrias Alimentarias e impulsouna o Centro Integrado de FP Carlos Oroza, de Pontevedra, que tamén participou.

Os docentes, procedentes do Institut dels Aliments de Barcelona, do Centro Integrado Canastell de Alicante e do Istituto di Ospitalità e Turismo Carlo Porta de Milán, participaron nun percorrido durante o que puideron coñecer de cerca as metodoloxías de ensino, a estrutura organizativa e, sobre todo, os traballos de I+D+i que impulsa o centro.

No transcurso do seu percorrido polo Eduardo Barreiros, os profesores interesáronse pola organización e metodoloxías de traballo do centro, así como polos proxectos vinculados á I+D+i, con especial interese nos desenvolvidos na área de Gastronomía Multisensorial, en concreto no proxecto de Enogastronomía 5.0., que busca crear experiencias culinarias inmersivas que combinan diferentes sentidos para ofrecer un valor engadido único.

Tamén coñeceron iniciativas en biotecnoloxía aplicada, industria 5.0, fabricación aditiva, enerxías renovables e sustentabilidade ambiental, así como a aplicación da realidade estendida. Un dos momentos destacados da visita foi a presentación de Netclean, unha innovadora solución autosuficiente para o tratamento de fosas sépticas en zonas rurais, que xa conta coa súa propia patente, a primeira do Centro Eduardo Barreiros.

Desde a súa apertura, este centro de innovación recibiu máis de 2.000 visitas de profesionais, estudantes e representantes de empresas e institucións, tanto de Galicia e o resto de España como doutros países europeos, o que confirma o seu papel clave como referencia no ámbito da Formación Profesional.

⚙ Configurar cookies
0.075309991836548