Programa das Festas de Ourense para este venres, 20 de xuño

OurenseXa
Nil Moliner será a estrella da xornada, cun concerto na zona dos Remedios
fogos-artificiais-festas
20 Jun 2025

As Festas de Ourense 2025 continúan hoxe, venres 20 de xuño, cunha ampla programación que inclúe unha das actuacións máis esperadas: Nil Moliner actuará ás 23.00 horas nos exteriores do Pavillón dos Remedios. Posteriormente, desde as 0.45 ata as 3.00 da madrugada, haberá unha sesión de DJ no mesmo espazo.

A programación de actividades do día inclúe tamén o mercado medieval nos exteriores do Pavillón dos Remedios, aberto de 11.00 a 00.00 horas (agás o domingo, que pechará ás 23.00), con actividades e pasarrúas de 11.00 a 23.00 horas. No Parque de San Lázaro, de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.30 horas, continúa a Feira do Libro de Ourense, que inclúe actividades relacionadas coa reciclaxe, como teatro, obradoiros, contacontos, maxia, recital poético, xogos e máis, nunha acción conxunta de Feiras do Libro de Galicia, Ecourense e o Concello.

Tamén hoxe, de 18.00 a 21.00 horas, celebrarase unha xincana de inchables no Parque xunto á Ponte Romana (na beira pontina). As atraccións festivas estarán operativas no Parque Barbaña entre as 19.00 e as 2.00 horas. Ás 20.00 horas comezará no anexo do Pavillón o Torneo de Futbolín Máster de Ourense, en modalidade tenteo.

Por mor das actividades, están previstos cortes de tráfico en varias rúas da cidade: a rúa Pardo de Cela estará pechada ao tráfico no treito comprendido entre a Praza de Concepción Arenal e a glorieta do Mundo, xunto ao Pavillón dos Remedios, ata o luns 23 de xuño, debido ás orquestras e concertos. Polas atraccións festivas, pecharanse ao tráfico o Paseo Ponte Pedriña e a rúa Porto Carreiro, desde a Travesía Porto Carreiro B até a rotonda da rúa Fonte do Bispo, desde as 19.00 horas.

⚙ Configurar cookies
0.16893005371094