Protección Civil de Barbadás atendeu máis de 1.000 emerxencias en 2024

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) de Barbadás recibiu un dobre recoñecemento no Encontro Provincial de Protección Civil celebrado en Verín, no que participaron representantes de servizos de emerxencias, seguridade e protección civil de toda Galicia, Portugal e outras comunidades autónomas.
O xefe da agrupación, David Corbal, foi o encargado de recoller os galardóns: un polos 30 anos de historia da AVPC de Barbadás e outro que a sitúa como unha das agrupacións máis activas da provincia, xunto coas de Xinzo e Allariz.
O concelleiro de Emerxencias, Daniel Rey, destacou que estes recoñecementos están avalados pola intensa actividade do servizo, con máis de 1.000 intervencións realizadas en 2024 e máis de 700 no que vai de 2025.
Desde a Concellería de Emerxencias tamén anunciaron a incorporación, nas vindeiras semanas, da brigada de prevención e extinción de incendios, así como de novos condutores de autobomba e un peón forestal, para reforzar as labores preventivas.