Publicadas as bases do XX Premio de Narración e Ilustración Infantil e Xuvenil Pura e Dora Vázquez
A Deputación de Ourense convoca, un ano máis, o concurso de narración infantil e xuvenil Pura e Dora Vázquez, que este ano celebra a súa vixémima edición.
Os interesados poderán presentar os seus traballos na modalidade de narración ata o vindeiro 2 de setembro, mentres que o concurso de ilustraciós manterá aberto o prazo de presentación ata o 29 de novembro. As narracións que se presenten terán temática libre, sempre adaptada a un público infantil ou xuvenil, e os textos presentados serán inéditos e totalmente orixinais. Ademáis, deben estar escritos en galego.
Os traballos deberán presentarse de forma presencial entregando un exemplar da obra en sobre pechado indicando no seu exterior "Premio Pura e Dora Vázquez", modalidade de narración, na oficina de asistencia ao cidadán en materia de rexistros, ou remitindo por correo certificado o exemplar da obra en sobre pechado á dirección habilitada polo organismo provincial. As obras remitidas deberán ir asinadas exclusivamente con un pseudónimo. O premio, para ambas modalidades, será de 3.000 euros.