Pura Rodríguez renova o seu liderado á fronte do PP de Gomesende

OurenseXa
Rodríguez está á fronte da alcaldía de Gomesende desde 2007
congreso-local-pp-gomesende
1 Dec 2025

Pura Rodríguez Álvarez, alcaldesa de Gomesende desde 2007 e vinculada á política local desde 1999, foi reelexida para continuar á fronte do Partido Popular neste municipio. A elección tivo lugar no congreso da agrupación local, que contou coa presenza do presidente provincial do PP, Luis Menor, así como da vicepresidenta e da secretaria xeral, Marta Novoa e Sandra Quintas.

Na súa intervención, Rodríguez agradeceu o apoio constante recibido e destacou que, grazas ao traballo conxunto, conseguiron transformar Gomesende nun municipio “máis forte, máis moderno e mellor preparado para o futuro”.

Pola súa banda, Luis Menor recoñeceu a dedicación de Pura Rodríguez durante máis de vinte anos na política local, valorando a súa capacidade para escoitar á cidadanía, facer unha boa xestión e acumular experiencia. Tamén subliñou a importancia de que Rodríguez, xunto con outra compañeira, fose pioneira en abrir camiño para a participación feminina na política de Gomesende. Actualmente, Pura Rodríguez é unha das 13 alcaldesas do PP na provincia de Ourense e unha das 29 en toda Galicia.

O presidente provincial destacou que congresos coma este son clave para fortalecer o partido e mostrar unidade, ademais de ofrecer estabilidade política e capacidade para impulsar proxectos que benefician ao municipio, como fixo Rodríguez ao longo de todos estes anos.

⚙ Configurar cookies
0.080463886260986