Queixas entre os veciños do Couto pola localización das festas

OurenseXa
Veciños do barrio do Couto quéixanse pola localización das festas de este ano por "non sentirse identificados coa ubicación das orquestras"
panorama-recurso
Orquestra Panorama
20 May 2024

As Festas do Couto remataron este domingo cunha excelente acollida polo público en xeral, que cheou a rúa Pardo de Cela na noite do sábado, 18 de maio, pese á previsión de choiva.

Sen embargo, as festas non contentaron a todos, xa que algúns veciños do barrio ourensán queixáronse por "non sentirse identificados coa ubicación das orquestras", que, según eles, non se ubicaban estrictamente dentro das marxes do barrio.

Con todo, hai que recordar que nas mesmas festas do ano 2022, a enorme afluencia de xente obrigou a parar durante case unha hora a actuación da orquestra Panorama, logo de que se rexistraran algúns incidentes polas máis de 10.000 persoas que habían acudido a ver a actuación na rúa Dalí. O certo é que cantidade de público que atrae a Panorama require dun maior espazo do que dispoñen as rúas do Couto. Por iso, xa desde o ano pasado, o Concello decidiu trasladar ás actuacións das grandes orquestras á rúa Pardo de Cela, na que o aforo non supón un problema de seguridade para os asistentes.

0.16595506668091