Quintela de Leirado acollerá un campamento infantil de verán
OurenseXa
As actividades desenvolveranse do 30 de xuño ao 29 de agosto

17 Jun 2025
O Concello de Quintela de Leirado organiza un campamento infantil de verán dirixido a nenos e nenas nados entre 2009 e 2021. As actividades desenvolveranse do 30 de xuño ao 29 de agosto, de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas.
O prazo de inscrición está aberto ata este mércores, 18 de xuño de 2025. Para máis información, as persoas interesadas poden contactar co teléfono 988 493 500.