Quintela de Leirado celebrará o Leirado Fest con música dos anos 80, 90 e 2000
OurenseXa
O 23 de agosto a mocidade da vila poderá gozar dunha xornada chea de músca

4 Aug 2025
O Concello de Quintela de Leirado organiza o Leirado Fest, unha festa da mocidade que se celebrará o venres 23 de agosto a partir das 22:00 horas. A cita, que terá lugar no propio municipio, estará centrada na música das décadas dos 80, 90 e 2000.
O evento contará coa actuación de Dr. Sulum e unha sesión DJ, ofrecendo unha proposta lúdica para o público novo e nostálxico destas épocas musicais.
A iniciativa enmárcase na programación festiva de verán impulsada polo concello e está aberta a todos os públicos.