Quintela de Leirado celebrará o seu magosto popular o 15 de novembro

Haberá comida, bebida, música e moitas castañas
magosto-quintela-de-leirado
8 Nov 2025

O Concello de Quintela de Leirado organiza o vindeiro sábado, 15 de novembro, un magosto popular. Será a partir das 18:00 horas fronte ao Concello, e para participar haberá que confirmar asistencia antes do 12 de novembro.

As persoas empadroadas no Concello e os menores de 12 anos poderán acceder gratis, mentres que para os non empadroados o prezo será de 15 euros.

Durante a festa, os asistentes poderán gozar dunha degustación de empanada, bolos preñados, bica, bebidas e, como non podía ser doutra forma, das tradicionais castañas asadas. Ademais, a xornada estará amenizada pola música do Duo Marieta.

⚙ Configurar cookies
0.10085487365723