Quintela de Leirado ofrece un campamento de verán durante os meses de xullo e agosto
OurenseXa
O prazo para inscribirse xa está aberto

7 Jun 2025
O Concello de Quintela de Leirado abre o prazo de inscrición para o seu campamento infantil de verán, que se desenvolverá desde o 30 de xuño ata o 29 de agosto. As inscricións poderán realizarse desde o 4 ata o 18 de xuño de 2025.
O campamento está dirixido a nenos e nenas nacidos entre 2009 e 2021. O obxectivo principal é ofrecer un espazo de lecer para os menores do municipio e facilitar a conciliación familiar durante os meses estivais.
Para máis información, os interesados poden contactar no teléfono 988 493 500.