Quintela de Leirado organiza excursión a Pazolandia

Quintela de Leirado organiza unha excursión a Pazolandia para o próximo 27 de decembro dirixida a nenos e mozos de ata 18 anos.
A saída será ás 10:00 horas desde Quintela ata o Pazo dos Deportes Paco Paz en Ourense, para gozar das instalacións de Pazolandia e, pola tarde, os asistentes visitarán o Centro Comercial Ponte Vella. As inscricións están abertas ata o 19 de decembro e os menores de 10 anos deberán ir acompañados dun adulto.
A actividade está organizada polo Concello de Quintela de Leirado en colaboración coa Deputación de Ourense.