Rafael Álvarez "El Brujo" aterriza no Teatro Principal de Ourense

Rafael Álvarez, "El Brujo", chega este xoves ao escenario do Teatro Principal de Ourense para interpretar a obra "El viaje del monstruo fiero", que pecha a programación do mes de xuño no teatro ourensán.
"El Brujo" explica que esta viaxe do monstro é a súa propia viaxe a través dos escenarios "onde aínda se celebran os vestixios da gloria irrepetible do Século de Ouro español". Así, o actor propón, partindo dunha loa de Lope de Vega, unha viaxe por este momento artístico, de Quevedo a Cervantes, pasando por Santa Teresa e Juan De la Cruz. Así, mostra a maxi do teatro clásico e invita "a descubrir ao monstro fero que habita en cada actor".