Raigame entregou o premio Adolfo Enríquez 2025 ás cantareiras de Avión e Beariz

OurenseXa
A 22ª edición da tradicional romaría pechou cun gran éxito de asistencia, consolidándose como unha das celebracións máis representativas do Día das Letras Galegas
romaria-raigame-2025
Imaxe de Raigame 2025
19 May 2025

A 22ª edición de Raigame, a romaría etnográfica que poñen en marcha a Deputación a través do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, o Concello de Celanova e a propia veciñanza de Vilanova dos Infantes, reuniu esta fin de semana a centos de persoas, que se puideron desfrutar dos máis de 58 postos que ocuparon o interior do burgo.

O presidente provincial, Luis Menor, na súa visita, felicitou á veciñanza de Vilanova pola súa implicación nesta festa, que cualificou como “a mellor celebración do Día das Letras Galegas e da cultura galega de toda Galicia”. “Ourense é cultura, tradición e galego”, engadiu Menor, que defendeu o “orgullo ourensán e galego” que imprime Raigame.
A intervención do presidente da Deputación foi o peche ao acto institucional de entrega do premio “Adolfo Enríquez 2025”, que foi para as cantareiras dos concellos de Avión e Beariz a (aldea de Liñares). Tamén se recoñeceron ás fachadas premiadas no certame de 2024 e se coñeceu o selo conmemorativo de Raigame 2025, iniciativa da Sociedade Filatélica, Numismática e Vitolfílica Miño de Ourense desde 2011.
Nesta edición, no selo aparece o símbolo de Vilanova, a Torre e, en primeiro plano, as mans e as pandeiretas de tres pandereteiras de idades diferentes: adulta, moza e nena, simbolizando a continuidade da tradición que pasa de xeración en xeración. O resto das súas figuras esvaécense entre a multitude representando o seu anonimato das tocadoras e as cantareiras.

⚙ Configurar cookies
0.15425682067871