Ramirás organiza unha festa de Magosto o 15 de novembro

O Concello de Ramirás organiza un Magosto o vindeiro sábado, 15 novembro, no Polideportivo O Picouto.
A festa consistirá nun xantar cun menú composto de empanadas variadas, queixo, chouripán, carne, bica, castañas, viño, refrescos e chupitos, cun prezo de 15 euros. Ademais, haberá sopresas durante a festa.