Reabre ao público a zona termal e de lecer do Muiño da Veiga tras baixar o nivel do río

OurenseXa
O goberno municipal estuda construír unha nova zona termal nunha cota superior, para evitar as subidas de caudal do Miño
Traballos nas termas do Muiño da Vega
26 Xuño 2024

A zona termal e de lecer do Muiño da Veiga reabriuse ao público esta mañá, tras baixar o nivel do río e logo dos traballos de limpeza e mantemento realizados polo Concello durante esta semana. O espazo termal e de lecer da marxe dereita do río Miño súmase ás áreas municipais públicas e gratuítas da Burga de Canedo (Outariz) e A Chavasqueira, que tamén están xa en servizo para a temporada de verán.

O goberno municipal estuda a posibilidade de construír unha nova zona termal na marxe dereita do río Miño, nunha cota superior á das instalacións actualmente existentes, que poida estar dispoñible para a cidadanía durante todo o ano. Con esta iniciativa, pretende solucionar unha das grandes eivas dos espazos termais da marxe do río que, ao estaren emprazados tan preto do Miño, vense constantemente asolagados polas súas augas a causa da subidas de caudal do río. Este feito ten como consecuencia que as termas deban estar fóra de servizo durante grande parte do ano, ademais de obrigar a asumir importantes e frecuentes custos adicionais de mantemento e reparación, ao tempo que dar unha imaxe inaxeitada da contorna natural. As novas termas, cuxa viabilidade se estudia, estarían na zona do Muiño, para aproveitar o caudal existente.

0.19047617912292