Rematadas as obras de mellora do camiño do cemiterio de Esgos

O Concello de Esgos vén de rematar as obras de mellora do camiño do cemiterio, cun investimento de 48.000 euros financiados a través do Plan CooperOU da Deputación de Ourense.
O Plan CooperOU é un programa da Deputación que canaliza subvencións aos concellos da provincia para financiar obras e servizos municipais, como infraestruturas, mantemento, saneamento e outras actuacións necesarias, especialmente nos municipios máis pequenos.
En 2025, a institución provincial destinou unha partida de 1,1 millóns de euros ao Concello de Esgos, enfocados a diferentes proxectos, entre eles melloras en vías públicas, rehabilitación de vivendas sociais e instalacións deportivas.