Rematadas as obras de mellora no parque infantil de Vilar de Ordelles, en Esgos

O Concello de Esgos rematou esta fin de semana as obras de mellora no parque infantil de Vilar de Ordelles, que conta cunhas instalación totalmente renovadas.
Os nenos e nenas da vila poden gozar xa dun novo tobogán, carriolas
e dous balancíns, instalados sobre un chan de goma. Os traballos foron posibles grazas a unha achega de 48.000 euros da Deputación de Ourense.